Atoupa Cooperativa
Company

Atoupa Cooperativa

Business Consulting And Services Vilalba, Lugo, Es 4 employees
Employees
4

Atoupa Cooperativa Overview

Headquarters
Vilalba, Lugo, Es
Industry
Business Consulting And Services
Employees
4
Founded
2022
NAICS
Management, Scientific, and Technical Consulting Services
Management Consulting Services
Other Scientific and Technical Consulting Services
Keywords

About Atoupa Cooperativa

Somos unha consultoría social con sede en Vilalba dedicada ao deseño e avaliación de políticas sociais e á investigación social. Traballamos con administracións públicas, universidades e outras entidades sociais. O noso obxectivo é xerar coñecemento sociolóxico que contribúa ao deseño e implementación de políticas transformadoras implicando ao conxunto da sociedade. Concibimos a socioloxía como unha disciplina ao servizo do ben común e da construción dunha sociedade máis xusta e equitativa. Entendemos, por tanto, que a investigación social e o deseño de políticas sociais, xunto ao emprego de metodoloxías participativas, son ferramentas de gran valor para abordar os grandes retos sociais das nosas comunidades; en especial a loita contra todo tipo de desigualdades sociais e o favorecemento da participación de toda a cidadanía na vida pública. Neste sentido, móvennos os valores da teoría da interseccionalidad, que nos expón a importancia de estudar as diferentes formas de discriminación social e as súas interconexións, a fin de elaborar intervencións políticas e sociocomunitarias que avancen de forma efectiva cara a unha maior xustiza social. Cremos, en fin, que o traballo de investigación e deseño de políticas sociais require dunha visión creativa e innovadora, receptiva a novas formas de facer e en constante observancia dos diferentes proxectos e experiencias en desenvolvemento.

Compare Similar Companies to Atoupa Cooperativa