CoruñaJUG
It Services And It Consulting
A Coruna, Galicia, Es
31 employees
- Employees
- 31
CoruñaJUG Overview
- Headquarters
- A Coruna, Galicia, Es
- Website
- www.corunajug.org
- Industry
- It Services And It Consulting
- Employees
- 31
- Founded
- 2018
- NAICS
-
Computer Systems Design and Related ServicesOther Computer Related Services
Keywords
About CoruñaJUG
O grupo de usuarios Java da Coruña (ou CoruñaJUG) naceu na cidade en vista do enorme éxito acadado por outros grupos de tecnoloxía. É claro que o tema interesa e moitos dos participantes nun grupo participan nos outros. O obxectivo dos diferentes meetups son moi similares e hai moi bo rollo. É por iso que se daba unha situación un tanto estraña: algúns do que participamos en meetups de PHP, Python ou JS, usamos no noso dia a día Java... polo que había temas interesantes que ou non se trataban ou se facía pero sempre con certa sensación de "culpa". No dia a dia de moitas empresas da cidade úsase Java. É a linguaxe de programación máis usada segundo o tiobe, normalmente debido o tirón de moitas empresas. Poderíamos dicir que é a linguaxe de facto no mundo empresarial cando falamos de grandes empresas. Sendo A Coruña unha cidade empresarial, botábamos en falta que houbera unha representación máis oficial desta linguaxe. Finalmente, algúns poden argumentar que Java xa é moi vello, que non merece a pena facer un grupo de usuarios de algo que vai morrer. O tema é discutible pero en calquera caso, hai novas linguaxes que se executan na máquina virtual de Java e as que tamén queremos dar cabida: Groovy, Scala e Kotlin son un bo exemplo de proxectos vivos nos que merece a pena investir algo de tempo. Tamén outros menos coñecidos coma Jython ou Clojure.