Seteoitavas, S. Coop.
Company

Seteoitavas, S. Coop.

Architecture And Planning 6 employees
Employees
6

Seteoitavas, S. Coop. Overview

Website
seteoitavas.com
Industry
Architecture And Planning
Employees
6
Founded
2019
NAICS
Architectural Services
Keywords

About Seteoitavas, S. Coop.

SeteOitavas é unha cooperativa formada por profesionais da arquitectura e do urbanismo que compartimos unha visión común sobre a transformación e posta en valor do territorio e da arquitectura. Entendemos os nosos proxectos como ferramentas de transformación baseadas nas necesidades e particularidades do contexto no que se desenvolven, dende unha perspectiva inclusiva e sustentable. En colaboración con outros equipos multidisciplinares traballamos a escala territorial (desde plans de urbanismo a proxectos de mobilidade), a escala arquitectónica (proxectos de obra nova, rehabilitación, bioconstrucción, etc) e, por último, a escala persoal e comunitaria (acompañamento técnico de proxectos a particulares ou colectivo para a toma de decisións e/ou xestión, asesoriamiento e co-deseño de prazas, parques, patios, camiños escolares, etc). Nestas tres escalas elaboramos proxectos, plans, informes, documentos e investigacións a escala comunitaria, arquitectónica e territorial, etc, sempre centrados na saúde das persoas e do noso contorno e desde unha perspectiva consciente e comprometida do mundo do que formamos parte. A parte visible dun iceberg é tan só unha oitava parte do mesmo: a maior parte do mesmo está oculta baixo a auga. Tamén nos nosos proxectos hai sete oitavas partes ocultas do noso traballo, o intanxible, a investigación previa necesaria, o diálogo coas persoas ás que afecta, o proceso de ideación dos proxectos…

Compare Similar Companies to Seteoitavas, S. Coop.